martes, 27 de noviembre de 2012

RECOLLIDA DE SINATURAS. POR UN COLEXIO MÁIS SEGURO

Estimadas familias, tal e como vistedes na prensa, a ANPA pide a vosa colaboración para o peche do recinto escolar. As sinaturas dos pais, nais, avos...... serán entregadas ao delegado territorial en canto as tiñamos. A ANPA solicita con isto un peche un pouco máis adentro, tal e como vos enviamos na nota a través dos rapaces, para que os nenos que baixen do bus non queden na estrada. Ainda que hai que informar de que por lei os buses poden entrar dentro do recinto para descargar aos nenos, o que nunca poden facer é maniobrar mentres estan eles. Ademáis do problema dos autocares, o recinto é transitado por vehiculos de particulares, furgonetas de reparto.... puidendo causar un accidente aos rapaces. Por si quedaba algunha dúbida este espazo é xa do colexio xa que o concello desafecto a antigúa rúa cedendo o terreo ao centro. Deixovos a nova que saiu na TVG onde podese constatar os perigos que cada día sofren os nosos nenos. Por último deixar claro que a ANPA non se move por ningún motivo político, económico o veciñal, só pola seguridade dos nosos nenos. Por favor, só pedimos un pouco de responsabilidade e sentido común. 

9 comentarios:

  1. Hola...como decides na nota que trouxerón os nenos para a casa, pedides o peche o recinto do colexio, gustariame que me explicarades donde van deixar os autobuses os nenos: son nai de nenos que vamos en coche particular xa me explicaredes donde vamos a aparcar unha vez que pinten a estrada ou xa me explicares onde van deixar os autobuses os nenos sin que peligre duranto o traslado andando o colexio, penso que unha boa parte dos nenos veñen en autobus, e non sei podome equivocar pero non hay mais peligro deixalos fora do recinto?
    Na nota que mandades, penso que xa que pedides firmas para o peche tamen teriades que decir como quedaria despois , porque eu non o teño claro, me parece que o caos de entrada e saida e inevitable.
    Un saudo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Sonia, tal e como se mandou na nota, a ANPA, pide que o peche sexa un pouco máis adentro. Deste xeito os autobuses poden deixar aos nenos abaixo e nunca na estrada. Ainda que se pechara máis arriba, porque a última palabra a ten a consellería, os nenos non quedarían desprotexidos xa que por lei, chegado o caso poderían entrar ao recinto e deixalos dentro. Se o recinto se pecha os pais teremos a seguridade de que os nosos nenos cando vaian a facer ximnasia ou ao recreo, estan protexidos, xa que non poderán escaparse a estrada ou ser atropelados por calquera furgoneta, coche ou autobus que nese intre entre no recinco. A verdade que tal e como nos constatamos e vimos calquer día pasa un accidente, e despois será tarde. Cabe lembrar que ainda coas máximas precaucións xurden actos desagradables como en Castrelo hai seis anos máis o menos cando un autobús atropelou a un rapaz falecendo uns intres despois. Pensamos que o que pedimos é de sentido común, xa que tódolos recintos escolares están pechados. Xa sabemos que polas peculiaridades do noso iso non foi posible xa que hai anos era unha rúa. Agora está desafectada e ese espazo pertence ao colexio. ¿Vostedes están tranquilos nas suas casas ou no seu traballo pensando que no momento do recreo ou de ximnasia pode ser o voso fillo o que quede baixo a roda de calquer vehículo motorizado? A pesares das incomodidades que supón cando se leva ao rapaz en coche ou andando. ¿Non é de sentido común pedir a máxima seguridade para os nosos fillos? Eu como nai penso que sí.

      Un saúdo e grazas polo seu comentario

      Eliminar
  2. Boas,
    como nai estou totalmente dacordo en pechar o recinto escolar, co que non estou dacordo é coas maneiras que tivestes de "expoñelo", xa que nos, como pais, deberíamos saber o que ibades facer antes, e non enterarnos pola prensa ou a televisión. Son nai de alumno e socia de ANPA dende o 1º ano en que escolaricei a miña filla nesta escola e é a primeira noticia que teño de que onde os autobuses deixan a os nenos e "patio".
    Gustaríame saber que solución propoñedes para que os nenos de primaria que van a xinmnasia a última hora da mañán non coincidan cos autobuses de recollida dos nenos da ESO, xa que o seu horario é de 8:30 a 13:50 horas, xa que na resposta que lle dades a Sonia dicides que se podería dar o caso de que entrasen a deixar os rapaces e despois saísen, que é o que fan agora??

    Saudos.

    ResponderEliminar
  3. Moi boas:
    Entendemos a vosa sorpresa ao ver o asunto na prensa y despois ver o papel. Quizas deberiamos haber informado anteriormente ainda que a razón principal disto foi pola última xuntanza mantida co delegado territorial. A prensa non estuvo moi no certo no tema de "patio", xa que non é tal, é un recinto escolar. O vindeiro día 10 de decembro as 20:00 celebraremos unha xuntanza de socios no que trataremos o tema do comedor, e do peche. A proposta que a ANPA vai a presentar a consellería, e esa é pola que asinaron os pais, permitiría que os autobuses baixaran un pouco máis adentro e deixaria libres as cocheras do señor dos autobuses. Dentro estaría todo pechado e non habería perigo ningún. Ainda que a última palabra e da consellería. No caso de que non nos fixeran caso e pecharan máis arriba e os autobuses entraran a deixar ós rapaces habería que poñernos de acordo co colexio para non coincidir en ningún momento autobuses con transito de rapaces. Ainda que volvo a dicir a ANPA non quere esa opción, prefire a outra cun peche un pouco máis adentro, para tódolos nenos esten seguros. Agradecemos enormemente que nos presentedes a vosas dúbidas e pedimos anticipadamente disculpas se vos sentistedes ofendidos por non facer unha reunión con anterioridade.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Perdoa Anónimo xa que creo que non contestei a tua pregunta. Se se lograra o peche así os nenos irían pod dentro polo pavellón ao ximnasio e ao campo de fútbol.

      Un saúdo

      Eliminar
  4. Moi boas,
    So preguntar en que reunión se aprobou o que hoxe aparece na prensa, e cantas das 300 firmas pertencen realmente a pais de alumnos do cole de "toda" Ribadumia?
    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi boas,
      En resposta a túa pregunta, na prensa, máis concretament O Faro de Vigo, sae unha nova relacionada co colexio, no que di que

      "Los padres de alumnos apoyan el cierre del Becerra Malvar tras una tensa reunión
      El colegio tiene algo más de 400 escolares, y firmaron el escrito de la asociación 300 ". (http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2012/12/12/padres-alumnos-apoyan-cierre-becerra-malvar-tensa-reunion/725536.html)

      Como un bo lector pode apreciar non se dí en ningún momento que se aproba nada. Senón que fai unha contastación; hai preto de 300 sinaturas co cal unha maioria de persoas asinaron o escrito. Asinaronno pais, avos e persoas que están afectadas e interesadas. Persoas que levaran aos nenos nos vindeiros anos ao colexio ou relacionadas con nenos do centro.

      Para concluir só engadir, unha vez máis, que a ANPA o último que quere é un enfrontamento entre pais, só vela pola seguridade e intereses dos rapaces.

      Un saúdo

      Eliminar
  5. ESTÁ CLARO QUE PARA ENTERARSE E BO IR AS REUNIONS.

    ResponderEliminar
  6. E ainda indo as reunión e difícil enterarse.

    ResponderEliminar