lunes, 30 de septiembre de 2013



Estimados pais e nais;

Como ben sabedes o pasado venres tivo lugar a reunión xeral da asociación. Para os papás e mamás que non puideron asistir os relatamos os temas tratados e as decisións tomadas.


  1. Comedor escolar. Como xa sabedes  a rebaixa que a ANPA fai aos pais no menú dos rapaces esta suxeita as subvencións do concello e da xunta. Después de comprobar os cartos que quedan do concello e vendo que non chegan para facer o desconto ata final de ano, decidiuse subir ao 50 por cento no mes de outubro. Deste xeito os pais pagarán neste mes arredor de 38 euros. Os descontos revisaránse mes a mes polo que a finais de outubro comunicaremos o  prezo de novembro. Non houbo obxecions ao respeuto.
  2. Cambio de empresa da xestión das actividades extraescolares e das subvencións. Decidiuse cambiar a empresa que nos xestionaba as subvencións e as actividades debido ao prezo máis económico e a diversidade de actividade que nos presentou. A nova "Educa Ocio" presentará esta semana as novas actividades extraescolares para que os pais apunten aos nenos, As clases comezarán a mediados de mes polo que cobrarase no mes de outubro só a metade. Os prezos das actividades rebaixaranse se hai máis de un fillo desenvolvedoas e se os pais son demandantes de emprego (están no paro).
  3. Decisións do Consello Escolar. O consello escolar decidiu pedir a consellería o cubremento dos corredores do colexio para poder desenvolver recreos e educación física nos días de chuvia. A ANPA apoiará esta decisión e loitará tamén por isto. Además tamén, xunto coa dirección do centro, pedirá a Consellería que se desenvolvan as obras de ampliación que se preveron  para este curso (e que ao final por falta de cartos non se fixeron).  Non houbo obxecions ao respecto. Os pais presentes tamén  pediron que loitaramos polo cubremento e arranxo do patio de Educación Infantil.
  4. Seguro Escolar de Accidentes para os rapaces. A ANPA poñerá a disposición dos nenos un seguro anual de accidentes . O prezo é de 7 euros anuais. Estará xestioando pola FANPA. A compañía aseguradora será ALLIANZ. As coberturas son as seguintes:

                       
    1. Asistencia sanitaria                                           ILIMITADA
    2. Morte por accidente                                         6000 euros
    3. Invalidez parcial o permanente por accidente      6000 euros
    4. Morte por infarto de miocardio                         6000 euros
    5. Gastos de enterro                                            1500 euros
    6. Gastos de repatraición por morte no estranxeiro  3.000 euros
    7. Gastos por odontoloxía por accidente                 1.200 euros
    8. Rotura de lentes por accidente, con franquicia de 75 €  150 euros 
    9. Asistencia en viaxe                                            INCLUIDA

      Os pais realizarán o ingreso na conta da ANPA especificando: SEGURO ESCOLAR e o nome do neno,
  5. Entrada de novos membros. Explicouse que debido a que o curso que ven a metade da directiva da ANPA non estará era conveninte que entraran ao menos 4 novos membros para que veran o funcionamento da directiva cara ao seguinte ano. Entrarían como vocais este ano. Ata o momento só entrou un novo membro : MARTIN SERANTES. (podense apuntar máis membros faltarían 3)
  6. Estado de contas. Explicouse e revisouse o estado actual das contas da ANPA tanto da asociación como a do comedor.
  7. Rogos e preguntas. En este apartado varios pais e nais solicitaron que se volvera a tratar en vindeiras reunións o tema do uniforme para os rapaces. Unha maneira de aforrar gastos na epoca na que estamos e de fomentar a igualdade entre os rapaces. Quedouse en tratar o tema comunicandolo primeiro a dirección do centro.

viernes, 27 de septiembre de 2013

REUNIÓN ANPA



Estimados pais e nais, lembrade que hoxe é un día importante. Temos a primeira reunión xeral do curso, da ANPA, donde falaremos de temas moi interesantes para o cole e para os nenos polo que invitamos a todos a acudir. Será as 21.00 da tarde no comedor escolar. Os puntos que trataremos serán os seguintes: 


  1. COMEDOR ESCOLAR. 
  2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
  3. SEGURO ESCOLAR DE ACCIDENTES PARA NENOS
  4. PETICIÓN CUBERTA DOS CORREDORES 
  5. ESTADO CONTAS

martes, 17 de septiembre de 2013

BENVIDOS

Benvidos a todos ó novo curso 2013- 2014. A ANPA da a benvida a tódolos pais e rapaces novos e antigos. Lembrade que a cuota de socio é de 15 euros por familia ( da igual o número de rapaces que teñades no centro) e que pódese pagar na conta da ANPA en Novacaixagalicia. É importante que todos os animedes a ser socios xa que os pais e nais unidos podemos traballar xunto coa dirección do centro para que o noso colexio sexa un punto de referencia . Xuntos podemos. Lembrade que por ser socios contades con prezos moi axeitados nas actividades extraescolares ademais de participar nas actividades que se realicen no centro.


As actividades extraescolares comezarán a primeira semana de outubro. Estes días os rapaces chegaran coas follas de inscripcion, os días e as materias que se impartirán. Lembrade tamén que os que non son socios da ANPA  e sí usuarios do comedor, deben aboar 10 euros de gastos de xestión. 


Ante calquera dúbida non dubidedes contactar con nós a través do mesmo blog, o correo julia.becerra@nontedurmas.org ou o buzón que se atopa a beira de conxersería. 


Un saúdo e benvidos unha vez máis ao novo curso.