viernes, 4 de octubre de 2013

SEGURO ESCOLAR DE ACCIDENTES




ANPA JULIA BECERRA MALVAR

Estimados pais e nais, tal e como decidimos na reunión xeral mantida o pasado venres, vaise a poñer a disposición dos pais a posibilidade de que os nenos conten con un seguro de accidentes individual. Dito seguro será xestionado pola FANPA polo que os pais terán que ingresar 7 euros na conta da ANPA (2080/5014/14/3007050248) especificando claramente SEGURO ESCOLAR  e  NOME  E APELIDOS DO NENO. O seguro e de ALLIANZ e as coberturas son as seguintes:


Asistencia  sanitaria ILIMITADA
Muerte   por accidente: 6.000
Invalidez Permanente Parcial por accidente: 6.000
Muerte por infarto de miocardio: 6.000
Gastos de sepelio: 1.500
Gastos para la repatriación de la muerte en el extranjero: 3.000
Gastos para la odontología por accidente: 1.200
Rotura de gafas por Accidente: la franquicia de 75 150
Asistencia en viaje: INCLUÍDA


Os nenos estarán cubertos nas instalacions do colexio, tanto nas aulas, comedor como no ximnasio ou pavillón ; no horario escolar, de  comedor e de actividades extraescolares. Tamén estarán cubertos nas excursións e saídas do colexio fora do recinto escolar.



ANPA  “Julia Becerra Malvar”
anpajuliabecerra.blogspot.com

Julia.becerra@nontedurmas.org

lunes, 30 de septiembre de 2013



Estimados pais e nais;

Como ben sabedes o pasado venres tivo lugar a reunión xeral da asociación. Para os papás e mamás que non puideron asistir os relatamos os temas tratados e as decisións tomadas.


  1. Comedor escolar. Como xa sabedes  a rebaixa que a ANPA fai aos pais no menú dos rapaces esta suxeita as subvencións do concello e da xunta. Después de comprobar os cartos que quedan do concello e vendo que non chegan para facer o desconto ata final de ano, decidiuse subir ao 50 por cento no mes de outubro. Deste xeito os pais pagarán neste mes arredor de 38 euros. Os descontos revisaránse mes a mes polo que a finais de outubro comunicaremos o  prezo de novembro. Non houbo obxecions ao respeuto.
  2. Cambio de empresa da xestión das actividades extraescolares e das subvencións. Decidiuse cambiar a empresa que nos xestionaba as subvencións e as actividades debido ao prezo máis económico e a diversidade de actividade que nos presentou. A nova "Educa Ocio" presentará esta semana as novas actividades extraescolares para que os pais apunten aos nenos, As clases comezarán a mediados de mes polo que cobrarase no mes de outubro só a metade. Os prezos das actividades rebaixaranse se hai máis de un fillo desenvolvedoas e se os pais son demandantes de emprego (están no paro).
  3. Decisións do Consello Escolar. O consello escolar decidiu pedir a consellería o cubremento dos corredores do colexio para poder desenvolver recreos e educación física nos días de chuvia. A ANPA apoiará esta decisión e loitará tamén por isto. Además tamén, xunto coa dirección do centro, pedirá a Consellería que se desenvolvan as obras de ampliación que se preveron  para este curso (e que ao final por falta de cartos non se fixeron).  Non houbo obxecions ao respecto. Os pais presentes tamén  pediron que loitaramos polo cubremento e arranxo do patio de Educación Infantil.
  4. Seguro Escolar de Accidentes para os rapaces. A ANPA poñerá a disposición dos nenos un seguro anual de accidentes . O prezo é de 7 euros anuais. Estará xestioando pola FANPA. A compañía aseguradora será ALLIANZ. As coberturas son as seguintes:

                       
    1. Asistencia sanitaria                                           ILIMITADA
    2. Morte por accidente                                         6000 euros
    3. Invalidez parcial o permanente por accidente      6000 euros
    4. Morte por infarto de miocardio                         6000 euros
    5. Gastos de enterro                                            1500 euros
    6. Gastos de repatraición por morte no estranxeiro  3.000 euros
    7. Gastos por odontoloxía por accidente                 1.200 euros
    8. Rotura de lentes por accidente, con franquicia de 75 €  150 euros 
    9. Asistencia en viaxe                                            INCLUIDA

      Os pais realizarán o ingreso na conta da ANPA especificando: SEGURO ESCOLAR e o nome do neno,
  5. Entrada de novos membros. Explicouse que debido a que o curso que ven a metade da directiva da ANPA non estará era conveninte que entraran ao menos 4 novos membros para que veran o funcionamento da directiva cara ao seguinte ano. Entrarían como vocais este ano. Ata o momento só entrou un novo membro : MARTIN SERANTES. (podense apuntar máis membros faltarían 3)
  6. Estado de contas. Explicouse e revisouse o estado actual das contas da ANPA tanto da asociación como a do comedor.
  7. Rogos e preguntas. En este apartado varios pais e nais solicitaron que se volvera a tratar en vindeiras reunións o tema do uniforme para os rapaces. Unha maneira de aforrar gastos na epoca na que estamos e de fomentar a igualdade entre os rapaces. Quedouse en tratar o tema comunicandolo primeiro a dirección do centro.

viernes, 27 de septiembre de 2013

REUNIÓN ANPA



Estimados pais e nais, lembrade que hoxe é un día importante. Temos a primeira reunión xeral do curso, da ANPA, donde falaremos de temas moi interesantes para o cole e para os nenos polo que invitamos a todos a acudir. Será as 21.00 da tarde no comedor escolar. Os puntos que trataremos serán os seguintes: 


  1. COMEDOR ESCOLAR. 
  2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
  3. SEGURO ESCOLAR DE ACCIDENTES PARA NENOS
  4. PETICIÓN CUBERTA DOS CORREDORES 
  5. ESTADO CONTAS

martes, 17 de septiembre de 2013

BENVIDOS

Benvidos a todos ó novo curso 2013- 2014. A ANPA da a benvida a tódolos pais e rapaces novos e antigos. Lembrade que a cuota de socio é de 15 euros por familia ( da igual o número de rapaces que teñades no centro) e que pódese pagar na conta da ANPA en Novacaixagalicia. É importante que todos os animedes a ser socios xa que os pais e nais unidos podemos traballar xunto coa dirección do centro para que o noso colexio sexa un punto de referencia . Xuntos podemos. Lembrade que por ser socios contades con prezos moi axeitados nas actividades extraescolares ademais de participar nas actividades que se realicen no centro.


As actividades extraescolares comezarán a primeira semana de outubro. Estes días os rapaces chegaran coas follas de inscripcion, os días e as materias que se impartirán. Lembrade tamén que os que non son socios da ANPA  e sí usuarios do comedor, deben aboar 10 euros de gastos de xestión. 


Ante calquera dúbida non dubidedes contactar con nós a través do mesmo blog, o correo julia.becerra@nontedurmas.org ou o buzón que se atopa a beira de conxersería. 


Un saúdo e benvidos unha vez máis ao novo curso. 

martes, 11 de junio de 2013

BANCO DE LIBROS





Estimados país e nais de alumnos do Colexio Julia Becerra Malvar;  a ANPA informa de que vaise a desenvolver  un Banco de Libros, en colaboración co concello de Ribadumia,  a fin de axudar as familias máis necesitadas. Deste xeito os país e nais que queiran entregar os libros de anos anteriores, de forma non lucrativa, poderán facelo no caixón situado  debaixo do buzón da ANPA. Recolleránse ata o vindeiro 30 de xullo. O listado de libros que poden entregar se colgará nas portas do edifio de primaria e no tablón do centro situado enfronte da sala de profesores. As familias interesadas en solicitalos  poden facelo a partires de agosto no departamento de asuntos sociais do concello de Ribadumia.


Un saúdo

miércoles, 13 de febrero de 2013

A ANPA PARTICIPA NO ENTROIDO




O día chegou e a ANPA como ven sendo habitual participou nas actividades que se desenvolveron no colexio Julia Becerra Malvar. As 9:30 os pais e nais que ían participar xa estaban no comedor para poñerse os últimos detalles. 




Unha preparados e despois de que o comedor estivera listo para a merenda dos rapaces, os pais e nais foron para o corredor para ensaiar os últimos detalles da súa canción chamada "ANPA Gangan Style". Unha letra na que reflectía as actividades que a ANPA desenvolveu durante estes meses no colexio coa música de moda "Gangan Style". 

                                 







Os nenos estiveron magníficos, os mestres fixeron unha gran labor para preparar as comparsas. Tódolos grupos dende infantil a sexto de primaria desfilaron cos seús mellores disfraces e cantaron a súa canción. A maioría facían referencia a necesidade do cole dun patio coberto. "Estamos fatos de xoguetes, afora queremos brincar" da.



Para rematar os profes fixeron unha gran voda onde non faltou ninguén, a noiva, os padriños, as nenas das arras, os encargados de levar a cola da noiva e por suposto o cura que era bispo nada máis e nada menos.




Para rematar a festa tódolos nenos merendaron, os de primaria no comedor e os de infantil no seu edificio. Os pais e nais mandaron de todo: orellas, filloas, flores, leite frita.... todo para rematar un entroido fántastico no que nenos, profes e pais e nais disfrutaron como nunca. 



lunes, 4 de febrero de 2013

XA CHEGOU O ENTROIDO


Xa chegou o ENTROIDO!!!!! E este ano os pais e nais do colexio Julia Becerra Malvar tamén participarán nas actividades escolares que  realizaránse o vindeiro venres 8 de febreiro. A ANPA está a organizar unha comparsa orixinal e picante na que tratará as cousas que nos sucediron estes meses de cole dun xeito divertido e orixinal. Todolos socios e non socios están convidados a participar, para amosar unha vez máis aos máis cativos que nos os pais estamos da man co colexio. E como non podía ser doutro xeito tamén iremos disfrazados como todos de CHOQUEIROS.  Anímovos a todos a formar parte da comparsa da ANPA sempre e cando o tempo e o traballo o permita.