miércoles, 2 de enero de 2013

FESTIVAL DO NADAL

O día 21 de decembro foi moi especial para os rapaces do colexio Julia Becerra Malvar. Era o último día de clase, antes das vacacións, os nenos esperaban ansiosos o último día xa que levaban traballando moitas semanas para facer unha actuación estelar. Ainda que non sabían a sorpresa que lles tenían preparado o colexio. A primeira hora rapaces da ESO  transformáronse no apalpador e os seus axudantes e visitaron aula por aula aos nenos de Infantil e primaria. 


O equipo de Normalización Lingüistica fixo un gran traballo xa que foron recollendo as cartas en galego que os nenos escribiran ao apalpador en días anteriores.




E mentres isto ocurría a dirección da ANPA xunto coas mamás e papás que quixeron participar estaban traballando no comedor para elaborar o agasallo que darían ao final do Festival.  











A bolsilla constaba dunha mandarina, estes froitos foron un agasallo dun super de Sanxenxo gracias a intersección dunha persoa da ANPA,  caramelos postos polo colexio, unha chocolatina posta pola ANPA e gominolas  un agasallo que aportou unha mama do colexio. 






E.... as 11:30 chegaba o gran momento. Os rapaces estaban preparados para o seu debut pero tamén as mamás  que estiveron ensayando unhas panxoliñas para deleitalos nenos e poñer o broche final. As actuacións foron un éxito, o traballo de días anteriores deu o seu froito. Os pais e nais que non se atreveron a participar tamén puideron velos. 




As cancións foron orixinais coa sua coreografía propia. Os demáis compañeiros que observaban dende os seus asientos non perderon ni unha nota. Un gran espectáculo.







Para rematar o acto a ANPA fixo a súa representación. Dúas cancións orixinais compostas por dous papás que fixeron bailar a tódolos presentes. Unha gran festa que puxo o broche de ouro as clases antes de comezar as tan esperadas vacacións de Nadal. 





Aproveitamos este gran espectáculo para desexarvos un BO NADAL e un próspero ANINOVO.




ANPA Julia Becerra Malvar

O NADAL NO JULIA BECERRA MALVAR



Os nenos, profesores, nais e pais do colexio Julia Becerra Malvar festexou o nadal por todo o alto. Gracias aos pais e nais e aos rapaces que fixeron os adornos o cole estivo engalanado cunha decoración única, creada por vos. Foi unha gran satisfacción para a directiva da ANPA e  nais que axudaron colocar nas árbores, paredes e mesas uns adornos do máis orixinais. Os nenos traballaron  xunto cos seus proxenitores para elaborar uns traballos cheos de ilusión e dedicación. Unha vez máis gracias.




Este é a árbore situado no edificio central do colexio. Como eran moitos os adornos elaborados tivemos que poñer máis árboles que foron colocados nas mesas de secretaría, no pasillo e na biblioteca. 






Secretaría
Guirnalda




No edificio de Infantil tamén se colocou unha árbore cos adornos, ademáis aproveitamos o Belén e instalamolos na porta da saída ao recreo. 

Edificio de E. Infantil


Cabe facer unha mención aos nenos e profesores que remataron de adornar o centro cunha árbore feita de caixas de ovos ou o boneco de neve que se pode apreciar na foto de arriba feito con vasos de plásticos. 

Edificio de E. Infantil