martes, 27 de noviembre de 2012

RECOLLIDA DE SINATURAS. POR UN COLEXIO MÁIS SEGURO

Estimadas familias, tal e como vistedes na prensa, a ANPA pide a vosa colaboración para o peche do recinto escolar. As sinaturas dos pais, nais, avos...... serán entregadas ao delegado territorial en canto as tiñamos. A ANPA solicita con isto un peche un pouco máis adentro, tal e como vos enviamos na nota a través dos rapaces, para que os nenos que baixen do bus non queden na estrada. Ainda que hai que informar de que por lei os buses poden entrar dentro do recinto para descargar aos nenos, o que nunca poden facer é maniobrar mentres estan eles. Ademáis do problema dos autocares, o recinto é transitado por vehiculos de particulares, furgonetas de reparto.... puidendo causar un accidente aos rapaces. Por si quedaba algunha dúbida este espazo é xa do colexio xa que o concello desafecto a antigúa rúa cedendo o terreo ao centro. Deixovos a nova que saiu na TVG onde podese constatar os perigos que cada día sofren os nosos nenos. Por último deixar claro que a ANPA non se move por ningún motivo político, económico o veciñal, só pola seguridade dos nosos nenos. Por favor, só pedimos un pouco de responsabilidade e sentido común. 

jueves, 22 de noviembre de 2012

ROLDA DE PRENSA

O XOVES 22 DE NOVEMBRO A 13:30 A ANPA DARÁ UNHA ROLDA DE PRENSA NO COLE PARA EXPLICAR OS PASOS QUE ESTÁ DESENVOLVENDO PARA QUE NOS PECHEN O RECINTO ESCOLAR E IMPEDIR QUE OS RAPACES POIDAN SUFRIR UN ACCIDENTE. AS MAMÁS OU PAPÁS QUE QUERAN VIR SERÁN BENVIDOS. 

jueves, 15 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012


O pasado venres 9 de novembro o colexio celebrou o magosto e o Samaín, nunha celebración na que a ANPA participou activamente. O día comenzou a primeira hora, despois de deixar os nenos nas clases, membros da directiva xunto con algunha nai e pai desta asociación, puxeronse mans a obra. Como tódolos anos o concello prestou ó cole o asador, que se instalou entre o edificio de primaria e o de secundaria. 





Gracias aos carozos, leña e piñas que truxeron os rapaces preparouse unha gran lume para facer boas brasas e asar así as prezadas castañas. 







As caixas estaban listas e comezaron a poñerse no bombo mentres os nenos esperaban impacientes. As 11.30 xa estaba a primeira fornada e os alumnos de primaria foron os primeiros en catalas. Para poder repartir tanta castaña os pais e nais da ANPA presentes axudaron nesta tarefa. 






Os nenos de infantil tamén estiveron preparados, sentadiños na entrada do seu edificio foron levantando os seus vasos preparados con esforzo estes días para tal ocasión. 





Os maiores tamén elaboraron os seus propios recipientes, un para as castañas e o outro para as cascaras. Deliciosas debían estar porque os nenos estaban ansiosos por repetir. 
Despois de degustar tan prezada merenda os nenos de primaria dirixíronse ao campo de fútbol onde os profes afanáronse en preparar xogos populares. 





Os de infantil tampouco se aburriron. Unha vez rematado o xantar foron a biblioteca de primaria para recibir a unha bruxa moi fea chamada "a bruxita tapita". Tratábase dunha directiva da ANPA que preparou un contacontos do máis peculiar. A entrada foi un pouco sorprendente xa que algunhos dos máis pequenos non puideron controlar o medo e puxeronse a chorar. Pero foron os menos, os demáis recoñeceron enseguida á bruxita e o pasaron pipa co conto "Julia a miedosa" e "A castaña que reventou de risa".





Como o público foi excelente, recibiu un premio. Despois dos contos puideron cantar e bailar xunto coa bruxita coas cancións coñecidas  dos "cantaxogos". Un día moi especial no que a ANPA puido compartir as actividades co cole e aportar o seu pequeno gran de area. 

sábado, 10 de noviembre de 2012

Eleccións ao Consello Escolar



Como xa sabedes durante o mes de novembro estase procedendo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centros de ensino de Galicia. Polo que o noso centro tamén está inmerso neste procedemento. Para entender mellor en que consiste o consello e por qué é tan importante que as familias participen no proceso, imos explicar neste pequeno espazo en que consiste. 
O Consello Escolar é un órgano colexiado de goberno e de participación dos diferentes membros da comunidade educativa do centro. A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento da entidade escolar, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas. A súa constitución é obrigatoria en todos os centros públicos -tamén nos concertados-.
                       

Competencias do Consello Escolar nun Centro Público (LOE)

Ø  Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual do centro (PXA) se prexuízo das competencias do claustro de profesores, con relación á planificación e organización docente;

Ø  Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos;

Ø  Participar na selección do director do centro; ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do director;

Ø  Decidir sobre a admisión do alumnado;

Ø  Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se atinxan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas;

Ø  Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro,a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos;

Ø  Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no artigo 122.3;

Ø  Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

         
        Dereitos que temos como membros do Consello Escolar:

Ø  Recibir a orde do día das reunións antes da súa celebración e toda a documentación necesaria, con tempo suficiente, para poder elaborar as propostas ou intervencións que nos parezan oportunas;

Ø  Participar, opinar e elaborar propostas sobre todas as cuestións que compete resolver ao Consello Escolar (especificadas no cap.II do título V da LOE)

Ø  Recibir un exemplar do PEC (Proxecto Educativo do Centro) e da PXA (Programación Xeral Anual) e das súas modificacións se as houber. Así como de todos os documentos do centro

Ø  Recibir información e opinar sobre os libros de texto e os materiais didácticos elixidos polo claustro

Ø  Coñecer e opinar sobre os resultados académicos e valoración dos mesmos

Ø  Utilizar as instalacións do centro nas condicións que estableza o Consello Escolar e define a normativa vixente. Participar na elección/selección do director ou directora e/ou propoñer a súa revogación.



As ANPAS designan directamente un representante no Consello Escolar con voz e voto e, en consecuencia, poden cambialo sen ter que esperar á renovación do mesmo.

As nais e pais membros do Consello Escolar debemos coordinar as nosas actuacións; deberíamos manter, sempre que fose preciso, unha reunión previa da sesión do Consello coa Xunta Directiva da ANPA e presentar todos aqueles aspectos, suxestións e proxectos que a ANPA considere que son importantes para mellorar o funcionamento do centro ou intervir na xestión democrática do mesmo.

Os consellos escolares non están para que os representantes de nais e pais presentemos cousas persoais, senón para defender intereses de carácter colectivo e asumir a representación de todos os pais e nais do colexio.




Lembrade que a publicación dos censos electorais e reclamacións aos mesmos é do 6 ao 16 de novembro no taboleiro do centro
A presentación das candidaturas do 7 ó 14 de novembro na secretaría do centro 
A publicación das candidaturas o 19 de nobembro
O Sorteo de membros para as mesas electorais o 19 de novembro as 11:10 h. na secretaría
As votacións serán o 26 de nobembro. Poderán votar o pai e a nai de 13:00 a 16:30