sábado, 10 de noviembre de 2012

Eleccións ao Consello Escolar



Como xa sabedes durante o mes de novembro estase procedendo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centros de ensino de Galicia. Polo que o noso centro tamén está inmerso neste procedemento. Para entender mellor en que consiste o consello e por qué é tan importante que as familias participen no proceso, imos explicar neste pequeno espazo en que consiste. 
O Consello Escolar é un órgano colexiado de goberno e de participación dos diferentes membros da comunidade educativa do centro. A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento da entidade escolar, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas. A súa constitución é obrigatoria en todos os centros públicos -tamén nos concertados-.
                       

Competencias do Consello Escolar nun Centro Público (LOE)

Ø  Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual do centro (PXA) se prexuízo das competencias do claustro de profesores, con relación á planificación e organización docente;

Ø  Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos;

Ø  Participar na selección do director do centro; ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do director;

Ø  Decidir sobre a admisión do alumnado;

Ø  Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se atinxan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas;

Ø  Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro,a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos;

Ø  Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no artigo 122.3;

Ø  Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

         
        Dereitos que temos como membros do Consello Escolar:

Ø  Recibir a orde do día das reunións antes da súa celebración e toda a documentación necesaria, con tempo suficiente, para poder elaborar as propostas ou intervencións que nos parezan oportunas;

Ø  Participar, opinar e elaborar propostas sobre todas as cuestións que compete resolver ao Consello Escolar (especificadas no cap.II do título V da LOE)

Ø  Recibir un exemplar do PEC (Proxecto Educativo do Centro) e da PXA (Programación Xeral Anual) e das súas modificacións se as houber. Así como de todos os documentos do centro

Ø  Recibir información e opinar sobre os libros de texto e os materiais didácticos elixidos polo claustro

Ø  Coñecer e opinar sobre os resultados académicos e valoración dos mesmos

Ø  Utilizar as instalacións do centro nas condicións que estableza o Consello Escolar e define a normativa vixente. Participar na elección/selección do director ou directora e/ou propoñer a súa revogación.



As ANPAS designan directamente un representante no Consello Escolar con voz e voto e, en consecuencia, poden cambialo sen ter que esperar á renovación do mesmo.

As nais e pais membros do Consello Escolar debemos coordinar as nosas actuacións; deberíamos manter, sempre que fose preciso, unha reunión previa da sesión do Consello coa Xunta Directiva da ANPA e presentar todos aqueles aspectos, suxestións e proxectos que a ANPA considere que son importantes para mellorar o funcionamento do centro ou intervir na xestión democrática do mesmo.

Os consellos escolares non están para que os representantes de nais e pais presentemos cousas persoais, senón para defender intereses de carácter colectivo e asumir a representación de todos os pais e nais do colexio.




Lembrade que a publicación dos censos electorais e reclamacións aos mesmos é do 6 ao 16 de novembro no taboleiro do centro
A presentación das candidaturas do 7 ó 14 de novembro na secretaría do centro 
A publicación das candidaturas o 19 de nobembro
O Sorteo de membros para as mesas electorais o 19 de novembro as 11:10 h. na secretaría
As votacións serán o 26 de nobembro. Poderán votar o pai e a nai de 13:00 a 16:30



1 comentario: