lunes, 3 de diciembre de 2012

CHEGA O NADAL



Hola familias:

O Nadal xa está as portas. Unha época de maxia e ilusión que a ANPA quere compartir cos alumnos do colexio. Deste xeito pedimos de novo a colaboración dos pais para que traballen cos nenos na elaboración dun adorno do Nadal para colocar nunhas árbores que instalaremos no edificio central do centro e en Educación Infantil. A ANPA irá colocando con esmero os adornos durante estes días para que os nenos vaian vendo as súas creacións. Un traballo en común para non esquecer que nestas datas máis que nunca hai  que fomentar a unión e o traballo en familia. 


Pero ainda hai máis. O centro está a traballar nun Festival de Nadal e a ANPA tamén vai colaborar. Os nenos recibirán ao Apalpador que lles farán entrega dunha bolsa con froita e lambetadas nas que poñerá a ANPA o seu gran de area. 



Ademáis os nenos participarán con actuacións e por suposto os pais tamén.
 Necesitamos a pais e nais voluntarias para cantar 2 panxoliñas e lembrar aos rapaces que os pais tamén disfrutamos co Nadal. 
Necesitamos que os voluntarios o voluntarias (porque hai que ensallalos pa non quedar mal diante dos nenos) se pongan en contacto con Noelia (nai de Pelayo de Educación Infantil) ou chamando ao teléfono da ANPA, ou como non a través do blog-. 

Un saúdo e comencen a quentar motores para que este Nadal non se poda esquecer. 

IMOS XUNTOS A PREPARAR O NADAL!!!

martes, 27 de noviembre de 2012

RECOLLIDA DE SINATURAS. POR UN COLEXIO MÁIS SEGURO

Estimadas familias, tal e como vistedes na prensa, a ANPA pide a vosa colaboración para o peche do recinto escolar. As sinaturas dos pais, nais, avos...... serán entregadas ao delegado territorial en canto as tiñamos. A ANPA solicita con isto un peche un pouco máis adentro, tal e como vos enviamos na nota a través dos rapaces, para que os nenos que baixen do bus non queden na estrada. Ainda que hai que informar de que por lei os buses poden entrar dentro do recinto para descargar aos nenos, o que nunca poden facer é maniobrar mentres estan eles. Ademáis do problema dos autocares, o recinto é transitado por vehiculos de particulares, furgonetas de reparto.... puidendo causar un accidente aos rapaces. Por si quedaba algunha dúbida este espazo é xa do colexio xa que o concello desafecto a antigúa rúa cedendo o terreo ao centro. Deixovos a nova que saiu na TVG onde podese constatar os perigos que cada día sofren os nosos nenos. Por último deixar claro que a ANPA non se move por ningún motivo político, económico o veciñal, só pola seguridade dos nosos nenos. Por favor, só pedimos un pouco de responsabilidade e sentido común. 

jueves, 22 de noviembre de 2012

ROLDA DE PRENSA

O XOVES 22 DE NOVEMBRO A 13:30 A ANPA DARÁ UNHA ROLDA DE PRENSA NO COLE PARA EXPLICAR OS PASOS QUE ESTÁ DESENVOLVENDO PARA QUE NOS PECHEN O RECINTO ESCOLAR E IMPEDIR QUE OS RAPACES POIDAN SUFRIR UN ACCIDENTE. AS MAMÁS OU PAPÁS QUE QUERAN VIR SERÁN BENVIDOS. 

jueves, 15 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012


O pasado venres 9 de novembro o colexio celebrou o magosto e o Samaín, nunha celebración na que a ANPA participou activamente. O día comenzou a primeira hora, despois de deixar os nenos nas clases, membros da directiva xunto con algunha nai e pai desta asociación, puxeronse mans a obra. Como tódolos anos o concello prestou ó cole o asador, que se instalou entre o edificio de primaria e o de secundaria. 





Gracias aos carozos, leña e piñas que truxeron os rapaces preparouse unha gran lume para facer boas brasas e asar así as prezadas castañas. 







As caixas estaban listas e comezaron a poñerse no bombo mentres os nenos esperaban impacientes. As 11.30 xa estaba a primeira fornada e os alumnos de primaria foron os primeiros en catalas. Para poder repartir tanta castaña os pais e nais da ANPA presentes axudaron nesta tarefa. 






Os nenos de infantil tamén estiveron preparados, sentadiños na entrada do seu edificio foron levantando os seus vasos preparados con esforzo estes días para tal ocasión. 





Os maiores tamén elaboraron os seus propios recipientes, un para as castañas e o outro para as cascaras. Deliciosas debían estar porque os nenos estaban ansiosos por repetir. 
Despois de degustar tan prezada merenda os nenos de primaria dirixíronse ao campo de fútbol onde os profes afanáronse en preparar xogos populares. 





Os de infantil tampouco se aburriron. Unha vez rematado o xantar foron a biblioteca de primaria para recibir a unha bruxa moi fea chamada "a bruxita tapita". Tratábase dunha directiva da ANPA que preparou un contacontos do máis peculiar. A entrada foi un pouco sorprendente xa que algunhos dos máis pequenos non puideron controlar o medo e puxeronse a chorar. Pero foron os menos, os demáis recoñeceron enseguida á bruxita e o pasaron pipa co conto "Julia a miedosa" e "A castaña que reventou de risa".





Como o público foi excelente, recibiu un premio. Despois dos contos puideron cantar e bailar xunto coa bruxita coas cancións coñecidas  dos "cantaxogos". Un día moi especial no que a ANPA puido compartir as actividades co cole e aportar o seu pequeno gran de area. 

sábado, 10 de noviembre de 2012

Eleccións ao Consello Escolar



Como xa sabedes durante o mes de novembro estase procedendo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centros de ensino de Galicia. Polo que o noso centro tamén está inmerso neste procedemento. Para entender mellor en que consiste o consello e por qué é tan importante que as familias participen no proceso, imos explicar neste pequeno espazo en que consiste. 
O Consello Escolar é un órgano colexiado de goberno e de participación dos diferentes membros da comunidade educativa do centro. A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento da entidade escolar, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas. A súa constitución é obrigatoria en todos os centros públicos -tamén nos concertados-.
                       

Competencias do Consello Escolar nun Centro Público (LOE)

Ø  Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual do centro (PXA) se prexuízo das competencias do claustro de profesores, con relación á planificación e organización docente;

Ø  Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos;

Ø  Participar na selección do director do centro; ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do director;

Ø  Decidir sobre a admisión do alumnado;

Ø  Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se atinxan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas;

Ø  Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro,a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos;

Ø  Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no artigo 122.3;

Ø  Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

         
        Dereitos que temos como membros do Consello Escolar:

Ø  Recibir a orde do día das reunións antes da súa celebración e toda a documentación necesaria, con tempo suficiente, para poder elaborar as propostas ou intervencións que nos parezan oportunas;

Ø  Participar, opinar e elaborar propostas sobre todas as cuestións que compete resolver ao Consello Escolar (especificadas no cap.II do título V da LOE)

Ø  Recibir un exemplar do PEC (Proxecto Educativo do Centro) e da PXA (Programación Xeral Anual) e das súas modificacións se as houber. Así como de todos os documentos do centro

Ø  Recibir información e opinar sobre os libros de texto e os materiais didácticos elixidos polo claustro

Ø  Coñecer e opinar sobre os resultados académicos e valoración dos mesmos

Ø  Utilizar as instalacións do centro nas condicións que estableza o Consello Escolar e define a normativa vixente. Participar na elección/selección do director ou directora e/ou propoñer a súa revogación.



As ANPAS designan directamente un representante no Consello Escolar con voz e voto e, en consecuencia, poden cambialo sen ter que esperar á renovación do mesmo.

As nais e pais membros do Consello Escolar debemos coordinar as nosas actuacións; deberíamos manter, sempre que fose preciso, unha reunión previa da sesión do Consello coa Xunta Directiva da ANPA e presentar todos aqueles aspectos, suxestións e proxectos que a ANPA considere que son importantes para mellorar o funcionamento do centro ou intervir na xestión democrática do mesmo.

Os consellos escolares non están para que os representantes de nais e pais presentemos cousas persoais, senón para defender intereses de carácter colectivo e asumir a representación de todos os pais e nais do colexio.




Lembrade que a publicación dos censos electorais e reclamacións aos mesmos é do 6 ao 16 de novembro no taboleiro do centro
A presentación das candidaturas do 7 ó 14 de novembro na secretaría do centro 
A publicación das candidaturas o 19 de nobembro
O Sorteo de membros para as mesas electorais o 19 de novembro as 11:10 h. na secretaría
As votacións serán o 26 de nobembro. Poderán votar o pai e a nai de 13:00 a 16:30



viernes, 26 de octubre de 2012

SUBVENCIÓN COMEDOR 2011-2012




Fai uns días tivemos unha nova estupenda. A Xunta de Galicia concedía a ANPA a subvención anual para o comedor escolar do curso 2011-2012. O importe da axuda é de 5.792,38 €, ainda que non sabemos cando será efectivo o ingreso. Esperemos que os cartos estén na conta o antes posible para poder continuar cos descontos no menú aos pais e nais. Unha axudiña nunca ven mal e máis nos tempos que corren. Vos manteremos informados sobre novas subvencións ou axudas. 

lunes, 22 de octubre de 2012

Actividades Extraescolares curso 2012-2013

A ANPA do colexio Julia Becerra Malvar, comeza este ano cun abaco de actividades moi interesantes. Malia que foron moitas as materias propostas só tres saíron adiante. Cabe lembrar que para que se poideran desenvolver necesitábanse un mínimo de 10 rapaces. Deste xeito, e despois dalgunha que outra complicación, os cativos teñen tres actividades extraescolares xestionadas pola dirección da ANPA.



INFORMÁTICA  os martes de 16.30 a 17.30 na aula que dispón o centro. Os nenos de primaria introdúcense nas novas tecnoloxías dun xeito divertido e innovador.



PISCINA  os martes de 17.45 a 18.30 nas instalacións deportivas de Cambados. Esta actividade leva moitos anos no colexio axudando aos pequenos e non tan pequenos a desenvolverse na auga practicando un deporte divertido.





INGLÉS TRINITY os mércores de 16.30 a 17.30 na aula de 2º de primaria do centro. Con gran profesionalidade e experiencia os alumnos de primaria prepáranse para acceder ao certificado emitido polo Trinity College London recoñecido a nivel nacional e internacional por universidades, empresas e organismos públicos e privados.
CANTANDO EN INGLÉS para os rapaces de infantil os mércores de 17.30 a 18.30 na aula de 2º. Os pequenos introducense nesta lingua dun xeito ameno a través de cancións e xogos.



Todo parece indicar, xa que non temos ningunha queixa, de que os nenos están disfrutando e aprendendo con cada unha delas. Ainda que se houbera algún problema ou desacordo saben que poden contar con este espazo ou ben chamando polo teléfono da ANPA. Ainda hai prazas dispoñibles. Se algún rapaz anímase a participar está a tempo.



jueves, 11 de octubre de 2012

Benvidos

XUNTOS PODEMOS TRABALLAR MÁIS E MELLOR

Benvidos o blog da ANPA do colexio Julia Becerra Malvar. Este é un novo inicio, unha nova andaina dunhan asociación que desexa mediante este instrumento achegar o noso traballo a tódolos pais e nais do centro. Deste xeito ós socios poderán estar informados das actividades, novas de interese e traballos cos que pretendemos mellorar a educación e a convivencia dos nosos fillos nestes anos de estudo. Ademáis,  os socios ,tedes aquí a oportunidade de colaborar activamente con nos, envíandonos queixas, suxerencias ou informacións que desexedes compartir. Queremos estar cerca de cada ún de vos, queremos que os nosos fillos teñan unha educación de calidade. Pero todo isto é imposible se os pais non estamos unidos. Xuntos podemos facer que unha utopía se faga realidade. Contamos con vós.