lunes, 3 de diciembre de 2012

CHEGA O NADAL



Hola familias:

O Nadal xa está as portas. Unha época de maxia e ilusión que a ANPA quere compartir cos alumnos do colexio. Deste xeito pedimos de novo a colaboración dos pais para que traballen cos nenos na elaboración dun adorno do Nadal para colocar nunhas árbores que instalaremos no edificio central do centro e en Educación Infantil. A ANPA irá colocando con esmero os adornos durante estes días para que os nenos vaian vendo as súas creacións. Un traballo en común para non esquecer que nestas datas máis que nunca hai  que fomentar a unión e o traballo en familia. 


Pero ainda hai máis. O centro está a traballar nun Festival de Nadal e a ANPA tamén vai colaborar. Os nenos recibirán ao Apalpador que lles farán entrega dunha bolsa con froita e lambetadas nas que poñerá a ANPA o seu gran de area. 



Ademáis os nenos participarán con actuacións e por suposto os pais tamén.
 Necesitamos a pais e nais voluntarias para cantar 2 panxoliñas e lembrar aos rapaces que os pais tamén disfrutamos co Nadal. 
Necesitamos que os voluntarios o voluntarias (porque hai que ensallalos pa non quedar mal diante dos nenos) se pongan en contacto con Noelia (nai de Pelayo de Educación Infantil) ou chamando ao teléfono da ANPA, ou como non a través do blog-. 

Un saúdo e comencen a quentar motores para que este Nadal non se poda esquecer. 

IMOS XUNTOS A PREPARAR O NADAL!!!

2 comentarios:

  1. Polo visto estivo moi ben, pero nesta escola só existe infantil e primaria? os de secundaria, non forman parte do grupo escolar? Que sepades que en secundaria SI hai rapaces, e mira tí, ata os hai que son fillos de socios.

    ResponderEliminar
  2. Estimado Anónimo:
    A ver si nos entendemos todos ben. En primeiro lugar, o festival de Nadal estivo organizado polo colexio. A ANPA colaborou nas actividades que o cole dispuxo. O motivo de que a ESO non participara nel, non foi culpa da ANPA. As actividades propostas eran aceptadas ou non polos titores dos cursos. Do mesmo xeito que os nenos de Infantil actuaron todos xuntos ou que os de sexto tocaran un instrumento. Os profes da ESO non consideraron conveninte a participación dos rapaces. Ainda así si que tiveron o seu gran de area neste día xa que o apalpador e os seus axudantes eran rapaces da ESO.
    Espero que se aclararán as cuestións.
    Un saúdo

    ANPA Julia Becerra Malvar

    ResponderEliminar