Como xa sabedes durante o mes de novembro estase procedendo a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centros de ensino de Galicia. Polo que o noso centro tamén está inmerso neste procedemento. Para entender mellor en que consiste o consello e por qué é tan importante que as familias participen no proceso, imos explicar neste pequeno espazo en que consiste.
O Consello Escolar é un órgano colexiado de goberno e de participación dos
diferentes membros da comunidade educativa do centro. A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada
do funcionamento da entidade escolar, para o que precisa da participación de
todas as persoas afectadas. A súa constitución é obrigatoria en todos os
centros públicos -tamén nos concertados-.
Competencias do Consello Escolar nun Centro Público (LOE)
Ø
Aprobar e
avaliar a Programación Xeral Anual do centro (PXA) se prexuízo das competencias
do claustro de profesores, con relación á planificación e organización docente;
Ø
Coñecer as
candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos
candidatos;
Ø
Participar
na selección do director do centro; ser informado do nomeamento e cese dos demais
membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros,
adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do
director;
Ø
Decidir
sobre a admisión do alumnado;
Ø
Coñecer a
resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se atinxan á normativa
vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a
condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o
Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores, poderá revisar a
decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas;
Ø
Propoñer
medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro,a igualdade entre
homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos;
Ø
Promover a
conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a
obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no artigo
122.3;
Ø
Analizar e
valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os
resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
Dereitos que temos como membros do Consello Escolar:
Ø
Recibir a
orde do día das reunións antes da súa celebración e toda a documentación
necesaria, con tempo suficiente, para poder elaborar as propostas ou
intervencións que nos parezan oportunas;
Ø
Participar,
opinar e elaborar propostas sobre todas as cuestións que compete resolver ao
Consello Escolar (especificadas no cap.II do título V da LOE)
Ø
Recibir un
exemplar do PEC (Proxecto Educativo do Centro) e da PXA (Programación Xeral
Anual) e das súas modificacións se as houber. Así como de todos os documentos
do centro
Ø
Recibir
información e opinar sobre os libros de texto e os materiais didácticos
elixidos polo claustro
Ø
Coñecer e
opinar sobre os resultados académicos e valoración dos mesmos
Ø
Utilizar as
instalacións do centro nas condicións que estableza o Consello Escolar e define
a normativa vixente. Participar na elección/selección do director ou directora e/ou propoñer a súa revogación.
As ANPAS designan directamente un representante no
Consello Escolar con voz e voto e, en consecuencia, poden cambialo sen ter que
esperar á renovación do mesmo.
As nais e pais membros do Consello Escolar debemos
coordinar as nosas actuacións; deberíamos manter, sempre que fose preciso, unha
reunión previa da sesión do Consello coa Xunta Directiva da ANPA e presentar
todos aqueles aspectos, suxestións e proxectos que a ANPA considere que son
importantes para mellorar o funcionamento do centro ou intervir na xestión
democrática do mesmo.
Os consellos escolares non están para que os
representantes de nais e pais presentemos cousas persoais, senón para defender
intereses de carácter colectivo e asumir a representación de todos os pais e
nais do colexio.
Lembrade que a publicación dos censos electorais e reclamacións aos mesmos é do 6 ao 16 de novembro no taboleiro do centro
A presentación das candidaturas do 7 ó 14 de novembro na secretaría do centro
A publicación das candidaturas o 19 de nobembro
O Sorteo de membros para as mesas electorais o 19 de novembro as 11:10 h. na secretaría
As votacións serán o 26 de nobembro. Poderán votar o pai e a nai de 13:00 a 16:30