miércoles, 13 de febrero de 2013

A ANPA PARTICIPA NO ENTROIDO




O día chegou e a ANPA como ven sendo habitual participou nas actividades que se desenvolveron no colexio Julia Becerra Malvar. As 9:30 os pais e nais que ían participar xa estaban no comedor para poñerse os últimos detalles. 




Unha preparados e despois de que o comedor estivera listo para a merenda dos rapaces, os pais e nais foron para o corredor para ensaiar os últimos detalles da súa canción chamada "ANPA Gangan Style". Unha letra na que reflectía as actividades que a ANPA desenvolveu durante estes meses no colexio coa música de moda "Gangan Style". 

                                 







Os nenos estiveron magníficos, os mestres fixeron unha gran labor para preparar as comparsas. Tódolos grupos dende infantil a sexto de primaria desfilaron cos seús mellores disfraces e cantaron a súa canción. A maioría facían referencia a necesidade do cole dun patio coberto. "Estamos fatos de xoguetes, afora queremos brincar" da.



Para rematar os profes fixeron unha gran voda onde non faltou ninguén, a noiva, os padriños, as nenas das arras, os encargados de levar a cola da noiva e por suposto o cura que era bispo nada máis e nada menos.




Para rematar a festa tódolos nenos merendaron, os de primaria no comedor e os de infantil no seu edificio. Os pais e nais mandaron de todo: orellas, filloas, flores, leite frita.... todo para rematar un entroido fántastico no que nenos, profes e pais e nais disfrutaron como nunca. 



2 comentarios:

  1. Boas,
    gustaríame que aparte de publicar o das festas (que está moi ben), tamén publicasedes as nota que lle enviades a os nenos, xa que mitas veces non chegan ás mans dos pais.
    Gracias

    ResponderEliminar
  2. Moi boas,
    perdona a tardanza da resposta, pero tivemos uns problemillas tecnoloxicos polo que non foi posible actualizar o blog. Parecenos unha estupenda idea polo que a partires de agora publicaranse as notas no blog para que poidades velas sen problema.

    Un saúdo
    Gracias pola súa aportación

    ResponderEliminar