martes, 17 de septiembre de 2013

BENVIDOS

Benvidos a todos ó novo curso 2013- 2014. A ANPA da a benvida a tódolos pais e rapaces novos e antigos. Lembrade que a cuota de socio é de 15 euros por familia ( da igual o número de rapaces que teñades no centro) e que pódese pagar na conta da ANPA en Novacaixagalicia. É importante que todos os animedes a ser socios xa que os pais e nais unidos podemos traballar xunto coa dirección do centro para que o noso colexio sexa un punto de referencia . Xuntos podemos. Lembrade que por ser socios contades con prezos moi axeitados nas actividades extraescolares ademais de participar nas actividades que se realicen no centro.


As actividades extraescolares comezarán a primeira semana de outubro. Estes días os rapaces chegaran coas follas de inscripcion, os días e as materias que se impartirán. Lembrade tamén que os que non son socios da ANPA  e sí usuarios do comedor, deben aboar 10 euros de gastos de xestión. 


Ante calquera dúbida non dubidedes contactar con nós a través do mesmo blog, o correo julia.becerra@nontedurmas.org ou o buzón que se atopa a beira de conxersería. 


Un saúdo e benvidos unha vez máis ao novo curso. 

4 comentarios:

  1. hola,gustariame saber ata que fecha se pode pagar a cuota da piscina,digo por si ten que ser antes deste fin de mes ou pode ser a principios de octubre.

    ResponderEliminar
  2. En canto a actividade de piscina, pódese facer o ingreso a principios de outubre sen problema ainda que rogariamos que fixeran a nota de inscripción esta semana e a deixaran no buzón da ANPA para nos poder darlle a lista aos encargados da piscina e gardarlle a praza. Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Boas, unha pregunta: cal é o número de conta para ingresar a cuota da ANPA?
    Gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Anónimo:
      Facilitame o mail para poder mandalo por privado.

      Gracias

      Eliminar