miércoles, 2 de enero de 2013

FESTIVAL DO NADAL

O día 21 de decembro foi moi especial para os rapaces do colexio Julia Becerra Malvar. Era o último día de clase, antes das vacacións, os nenos esperaban ansiosos o último día xa que levaban traballando moitas semanas para facer unha actuación estelar. Ainda que non sabían a sorpresa que lles tenían preparado o colexio. A primeira hora rapaces da ESO  transformáronse no apalpador e os seus axudantes e visitaron aula por aula aos nenos de Infantil e primaria. 


O equipo de Normalización Lingüistica fixo un gran traballo xa que foron recollendo as cartas en galego que os nenos escribiran ao apalpador en días anteriores.




E mentres isto ocurría a dirección da ANPA xunto coas mamás e papás que quixeron participar estaban traballando no comedor para elaborar o agasallo que darían ao final do Festival.  











A bolsilla constaba dunha mandarina, estes froitos foron un agasallo dun super de Sanxenxo gracias a intersección dunha persoa da ANPA,  caramelos postos polo colexio, unha chocolatina posta pola ANPA e gominolas  un agasallo que aportou unha mama do colexio. 






E.... as 11:30 chegaba o gran momento. Os rapaces estaban preparados para o seu debut pero tamén as mamás  que estiveron ensayando unhas panxoliñas para deleitalos nenos e poñer o broche final. As actuacións foron un éxito, o traballo de días anteriores deu o seu froito. Os pais e nais que non se atreveron a participar tamén puideron velos. 




As cancións foron orixinais coa sua coreografía propia. Os demáis compañeiros que observaban dende os seus asientos non perderon ni unha nota. Un gran espectáculo.







Para rematar o acto a ANPA fixo a súa representación. Dúas cancións orixinais compostas por dous papás que fixeron bailar a tódolos presentes. Unha gran festa que puxo o broche de ouro as clases antes de comezar as tan esperadas vacacións de Nadal. 





Aproveitamos este gran espectáculo para desexarvos un BO NADAL e un próspero ANINOVO.




ANPA Julia Becerra Malvar

No hay comentarios:

Publicar un comentario